Saltar ao contido principal

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES...



LECTURA ININTERRUMPIDA

 Recitado

RECITADO

Publicacións populares deste blog

DÍA DE ROSALÍA

" COAS MANS NA NASA"

 Todo chega ao seu fin.  Logo dun curso intenso de investigación, curiosidade e aprendizaxe co noso PDI "Coas mans na nasa" sobre o mundo mariño e a súa sostibilidade, toca poñer fin e mostrar todo e canto fixemos.  O 30 de maio fíxose a apertura  á gran exposición do producto final "COAS MANS NA NASA". Trátase dunha mostra do que se foi facendo ao longo de todo o curso repartida en tres seccións: unha batea chea de vida grazas aos traballos do alumnado que se atopa na entrada do edificio principal, unha sección  mariña  situada no  cuberto de infantil do edificio anexo onde ademáis de moitas outras maquetas e traballos tamén se pode ver un observatorio científic e unha última sección, na carpa multiusos onde podemos ver outros traballos realizados  no centro así como tamén se atopa unha mostra de fotografías antigas relacionadas co eido mariño que foron doadas polas familias do centro.  Velaquí vos deixamos un pequeno vídeo para que poidades ver a exposición final.