Como todos os anos, imos a celebrar o noso tradicional Mercado Escolar Solidario, no que como sempre intercambiaremos un libro por un alimento. Este ano únense tamén o Ceip de Artes e o Ceip Heroínas de Sálvora. Estaremos o día 26 de abril no adro da Igrexa tentando que se una a maior xente posible para conseguir alimentos para doar a Cáritas e ao comedor social que leva ICE Renovación. Esperamos vervos a todos alí!
Comeza a semana do Libro, e queremos que sexa especial para o alumnado do Ceip o Grupo, por iso, mañá 19 de abril, no auditorio municipal, contaremos con Ana Meilán, que contará para Educación infantil e primeiro ciclo de Primaria "Quen ven esta noite", e para segundo e terceiro ciclo "O universo na maleta". Desexando escoitar a esta gran escritora!!